2018-02-16

Venres de Entroido

E por fin chegou o Entroido a Présaras!
Gozamos dunha xornada intensa e moi divertida na que percorremos as distintas parroquias do municipio onde nos foron agasallando con doces típicos destas datas, algo de diñeiro, lambetadas e, sobre todo, con grandes aplausos, risas e moito cariño. Nós dedicámoslle a todos cantos nos viron un baile fermoso e amosámoslles orgullosos os nosos disfraces á veciñanza. Logo, xa na escola, fixemos a xa tradicional fariñada na que acabamos todos brancos coma pantasmas!
Queremos dar as grazas a aqueles que tan amablemente nos recibiron nos seus fogares, na Casa Consistorial e incluso nos camiños. Aos que nos agasallaron, aos que bailaron e nos animaron, aos que saíron para vernos e, en definitiva, a todas esas persoas que nos acompañaron nesta marabillosa viaxe e a fixeron posible queremos dicirvos que nos fixestes moi felices. Grazas!
























































































No hay comentarios:

Publicar un comentario