Caderno do Salón.
Colexio de Educación Infantil e Primaria de Présaras.
2019/02/18
Un volcán en 3D no laboratorio
Uxía tivo unha idea. Iria e Cristian puxéronse mans no teclado e rato en Tinkercad. Despois o laminado no "cura" e 5 horas de impresión 3D na Witbox da Biblioteca.
Fomos todos ao Laboratorio onde os maiores tiñan preparada a maqueta co volcán e 3 cámaras apuntando.
Bicarbonato, colorante que trouxo Yago e acido acético (vamos, vinagre de toda a vida) e a lava saíndo do volcán.
Ningún comentario:
Publicar un comentario