Seguindo coa obra do poeta Pablo Neruda, o alumnado de 1º e 2º interpretáronnos esta "Oda a una castaña" para logo deixar que os nenos e nenas de 5º e 6º curso nos deleitasen cun anaco do "Outono", que forma parte de "As catro estacións" do celebérrimo compositor italiano Antonio Vivaldi. Foi unha actividade moi esixente para nós, pois o poeta usou palabras e frases preciosas pero difíciles e o músico compuxo unha partitura que, a pesar de estar adaptada, mantiña bastante dificultade. Aínda así, triunfamos co noso espectáculo no Salón!
Ningún comentario:
Publicar un comentario