2016-10-04

COMEZAMOS OUTUBRO!

Cambiamos de mes con forza. Empezamos a semana nadando un pouco na piscina, poñéndonos en forma para un ano repleto de aventuras. Regresamos a escola con moitas ganas de aprender e fixádevos tódalas cousas que trouxeron da finde:
Anxo de Infantil recolleu un saltón ben grandote para ollar preto no noso laboratorio, Álvaro de 1° EP sorpendeunos cunhas fantásticas "castañas de indias" e unha "Santateresa", Yago de 1° de EP tivo a gran idea de acercarnos outro grilo para ter a parelliña de grilos e Rubén de 2° de EP atopou outra eiruga e ademáis encargouse de prepararlle un recuncho moi especial a cada un destes bechos. Foi a por herbas, e non trouxo calquer cousa, agora temos un aroma a lavanda na nosa clase que da gusto! 
A piscina
Castañas de indias
O Saltón
Primeiro contacto coa mantis relixiosa
O "tupperware" dos grilos, non o confundades cunha ensalada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario