2007-12-16

Estamos no mundo

Unha vez tivemos un soño...

Había unha vez unha escola con moi poucos nenos nun lugar moi pequeno.

Con moita ilusión entre os mestres e os nenos fixeron da súa escola...

"Unha escola con Salón"

E ese Salón converteuse nun lugar agradable para estar, para escoitar contos, para ler, un lugar para a música e para o cine, un lugar onde tamén ser outros. Un lugar máxico.


Xa estabamos no mundo, pero faltaba algo... estar na rede.

E... Xa estamos.


"Contareivos historias que levo na memoria..."

Neste caderno leredes historias, escribiredes os vosos contiños, pero, sobre todo, estaredes no mundo.



Este é un pequeno paso para a humanidade, pero un gran paso para nós.


No momento de empezar, permitídeme unha lembranza a dous mestres que compartiron tantos bós momentos connosco:



A Juana Vázquez
e a Suso Torres.

3 comentarios:

  1. Miguel carricoba3/3/08 5:32 p. m.

    Ogallá que o voso ánimo, o voso espírito educador, a vosa capacidade emprendedora... se contaxie en todo o profesorado de Galicia.
    Demostrades que con ilusión e gañas, pódense facer cousas, non só inesquecibles para os rapaces que pasan pola vosa escola, senón que "cumpran" as leis que pretenden "iluminar" o camiño xa por outros andados.
    Parabens dun namorado do voso cole

    ResponderEliminar
  2. O trasno do Salón3/3/08 5:46 p. m.

    Grazas, Don Miguel.
    Agardamos non decepcionar e pouco a pouco, como sempre, e con moita ilusión ir facendo deste blog algo tan vivo como o noso Salón.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Cristina Muñoa Abeitua3/3/08 6:45 p. m.

    En ese lugar que dices tan pequeño, en ese salón tan mágico, han tenido lugar muchas historias (con moitos contidos) y casi todas con final feliz.

    Ese salón va en el corazón de no tan pocos nenos... y también va en el mío, acompañado de mucha envidia... sana... creo.

    Y no te engañes, ya estabáis en la red, en una red de recuerdos y lembranzas que es mucho más bonita que esta web...

    Alguien dijo una vez que hay que dejar este mundo mejor de como lo encontramos... sin lugar a duda, con vuestro salón lo estáis consiguiendo...

    Enhorabuena y graciñas por haberme dado la oportunidad de disfrutarlo un poco.

    ResponderEliminar