2024/07/02

BO VERÁN!

Ola a tod@s!

Para poñer fin ao curso 2023-2024 compartimos con vós a través do seguinte enlace un PDF no que podedes ver como foi un pouco do noso curso 2023-2024. Nesa especie de diario dalgúns dos días de cada semana atoparedes tamén varias imaxes dos nosos traballos, saídas e conmemoracións. 

Pinchade aquí para acceder: ASÍ FOI UN POUCO DO CURSO 2023-2024

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS! 🌞🏖

Vémonos de novo en setembro! 😃😘

2024/06/28

MOITA SORTE, MAIORES!

Maiores, esta publicación vai para vós!

Foi un pracer compartir tantos momentos xuntos estes anos. Desexámosvos toda a sorte do mundo na vosa nova etapa no instituto. 🍀

Aquí por Présaras sempre estaredes no noso corazón e estaremos agardando cos brazos abertos a que veñades darnos unha aperta cando queirades. ❤❤

Sede moi felices e loitade polos vosos soños! 


2024/06/27

OUTRO RECORDO DE GANDARÍO

Ola de novo! 😊

Temos outro gran recordo de Gandarío que non podía quedar sen compartir con vós...

Os maiores de 5º e 6º despois de todo o que tiveron que traballar ao longo do curso decidiron vengarse do seu titor da seguinte maneira... mirade, mirade! 😂😂😂😂 

Pobre Alberto...

2024/06/26

EXCURSIÓN A GANDARÍO - XUÑO 2024

Bos días!! 😃😃

Hoxe compartimos con vós un vídeo resumo do que foi a nosa excursión de fin de curso deste ano a Gandarío, con previa parada en Urban Planet en Oleiros e xantar en Sada antes de chegar ao destino final. 

Para que vexades o ben que o pasamos, a ver se vos gusta o seguinte vídeo que non ten nada de desperdicio ata o final... 😂

2024/06/22

FELIZ SAN XOÁN

Ola, ola. Falta pouco para que chegue a noite de  San Xoán e aquí vos deixamos o enlace ao vídeo que vimos no Salón coas herbas de San Xoán:  https://www.youtube.com/watch?v=0GKX_RNUfJU

Lembrade que ademais das herbas  tedes que coller auga de 7 fontes, no mapa están marcadas algunhas que hai no concello de Vilasantar  e no seguinte  enlace tedes os audios cos datos de cada fonte:

https://drive.google.com/drive/folders/19XUmFNP3lufpave3RoACGMarTlflLIJH?usp=drive_link



Pasade unha boa noite de San Xoán e desfrutade  moito  da noite máis longa do ano!!!

2024/06/21

ÚLTIMO DIA DO CURSO 2023-2024

Ola a tod@s!

Chegou o final do curso 2023-2024 e desta volta fixemos a despedida ao grande cunha divertidísima festa da espuma. Entre tanta espuma, a ver se nos recoñecedes no seguinte vídeo...😂😂😂

2024/06/10

MILLA

Hello!😊😊
Aquí por Présaras continuamos apostando polos hábitos saudables e aproveitando o bo tempo fai uns días saímos a facer a milla despois de xantar. Anacos camiñando, anacos correndo... cada un fixo o que puido! 😂😂😂
Aquí tedes a proba...

2024/06/09

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2024

Moi bos días! 😊

Aquí vos deixamos un vídeo de recordo do día que celebramos no cole os Maios e as Letras Galegas deste ano adicadas a Luísa Villalta.

Cociñamos, recitamos, fixemos hoteis para bechos, montamos o maio, xogamos... en resumo, fixemos moitas cousas e pasámolo moi ben! 

2024/06/07

ÚLTIMAS HORAS EN GANDARÍO

Poñendo fin á nosa excursión deste curso, aquí un par de fotiños dos últimos minutos en Gandarío antes de retornar a Présaras...☺



2024/06/06

SAÚDOS DENDE GANDARÍO

Boas, familias! 🤗
Por Gandarío estamos fenomenal, pero como non paramos en todo o día agora algúns aguantan máis que outros... 😂


2024/05/15

COÑECENDO A ELSA

Bos días! 😊
Onte Gabri e a súa mamá Rosalía presentáronnos a Elsa, unha bolboreta moi bonita que naceu a partir dunha eiruga que colleron fai uns mesiños e estiveron coidando na súa casa. Encantounos!! 😍😍




2024/04/25


Día do Libro 2024



 Os macacos e as macacas de 3º e 4º andivemos facendo gravacións para transmitirvos as súas recomendacións lectoras polo Día do Libro 2024.

2024/04/12

FIN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Bos días! ☺

Aínda que xa fai unhas semaniñas que voltamos das vacacións de Semana Santa queremos compartir con vós uns recordos do último día do seguntro trimestre no cole.

As minchiñas deron inicio á primavera gozando do bo tempo e da natureza...


Ah, e a nosa cociñeira Carmen tamén nos fixo un menú máis especial con unha das receitas que nos gusta moito: paninis! Os paninis estaban moi bos pero a colifror con alladiña que os acompañou tamén estaba exquisita! 😋😋

 

2024/03/15

DÍA DA NATUREZA

Bos días!!

Tendo en conta que o 3 de marzo foi o Día Mundial da Natureza,  ao redor desa data acudiron ao noso cole para realizar unha actividade con nós os maiores do Centro de Día de Curtis. 

Neste encontro interxeracional entre pequenos e maiores, conmemoramos o Día da Natureza plantando xuntos diferentes sementes (leitugas, calabacíns…). 

Moitas grazas por vir! 😃 Estamos desexando que volvades! 😍


 

2024/03/13

ESTREANDO FORNO

Moi boas! 👋

Onte estreamos forno no comedor e non o puidemos facer de mellor maneira: roliños de xamón cocido recheos de berros ecolóxicos do Batán. 😋😋😋 Estaban boísimos!!



2024/03/02

RECORDOS DE ENTROIDO

Moi bos días! 😀 

A continuación compartimos con vós un vídeo de cómo celebramos este ano o Entroido no CEIP de Présaras. 

2024/02/21

VISITA DE PACO NOGUEIRAS

Bos días!

O luns desta semana contamos cunha visita que sempre nos fai especial ilusión cada vez que vén ao noso cole: PACO NOGUEIRAS! 😍😍😍

Contounos varios contos acompañados de moita música como, por exemplo: “A araña ocupada”, “A visita", “Grisela”, “Ratos na escola”, “O elefante que perdeu o seu ollo” e “Son animal”.




Non cabe dúbida de que en Présaras somos moi fans de Paco e aquí tedes a proba... 🤗





2024/02/06

ENTROIDO 2024

 Ola, ola. Aquí vai a información relacionada coa semana de entroido no CEIP de Présaras.

Anímate a participar.

Toca disfrazarse!!



2024/02/02

SABOREANDO OUTRAS CULTURAS

Ola, ola!!

Coma na nosa terriña non se come en ningures, pero a pesar diso no cole apreciamos a diversidade cultural e por iso tamén a introducimos no noso comedor nalgunha que outra ocasión. Por exemplo, un día desta semana tocou viaxar a México e tivemos para xantar unhas deliciosas fajitas...😋😋

2024/01/30

TRANSPLANTANDO AMORODOS

Ola de novo!! 😃

Aproveitando que saiu o sol e estamos na época de transplantar os amorodos, a semana pasada iso fixemos no noso cole! 🍓🍓🍓 Aquí tedes un vídeo de proba...


2024/01/25

ALIMENTÁMONOS QUE DÁ GUSTO

Boas de novo! 👋
Se de algo se caracteriza tamén o noso cole é do ben que nos dá de comer a nosa cociñeira Carmen cada día no comedor. 😍😍😍 A verdade é que lle saen todos os pratos boísimos, pero témosvos que dicir que sentimos especial debilidade polas súas croquetas caseiras...😋😋😋
Esta semana puidemos degustalas unha vez máis, acompañadas nada máis e nada menos que dunha variedade de leitugas ecolóxicas da horta do Batán. Cómo non imos medrar tan sans e fortes comendo tan ben??
Para darvos un pouquiño de envexa, aquí vos deixamos unha fotiño para que vexades do que falamos...

2024/01/21

OUTRA VISITA DO TRASNO

Ola de novo!! 🤗

Voltamos tras as vacacións e na primeira semana de cole o famoso trasno xa decidiu pasarse de visita rápida polo cole. Desta volta volveunos deixar agochado outro saco con máis xogos para as nosas clases. Pero como non lle imos querer ben ao noso amigo? 😍😍😍 Moitas grazas, Trasno!! 😃




2024/01/15

RECORDOS DE NADAL

Bos días! 😃

Hoxe compartimos un vídeo de recordo do final do trimestre pasado para que vexades o ben que celebramos o Nadal no noso cole...


Ah, e tamén contamos cunha visita super especial: PAPÁ NOEL!! 🎅 


Recén chegado de Laponia pasou por Présaras a deixarnos moitos agasallos. Moitas grazas, Papá Noel! 😍🎁🎁🎁