2019/12/17

INVITACIÓN Á NOSA FESTA DAS FAMILIAS

Queridísimas familias:

Xa sabedes que este xoves temos a nosa Festa das Familias.

Aínda que todo o alumnado levará a invitación a casa, aquí a tedes en primicia.





2019/11/17

BAObab Teatro no noso Salón


Puño, puñete
Que tes por dentro?
Pan e fermento
Puño, puñete
Que tes por fóra? 
Pan e cebola
Puño, puñete
E polo redor? 
Pan e calor.

https://vimeo.com/273849423

Esta semana foi unha semana mooi doce con tanto aniversario e pastel que apareceu pola escola. Parabéns a Candela, Rubén e Lucía🎂


2019/10/29

Poemas de bruxas

Un día en que o mestre de 5º e 6º tivo que asistir en representación do colexio ás Xornadas dos centros que estamos no programa de Bibliotecas Creativas, os seus alumnos e alumnas, por equipos, aproveitaron para traballar pola súa conta e isto é o que fixeron.


Moi ben chicas e chicos!

2019/10/21

Noa no espello

Hoxe pasámolo moi ben con Sabela, de Sarabela Teatro que nos deleitou con "Noa no espello".






2019/10/18

Ata o ano, Alessia.

Ata o ano, Alessia.

Alessia vai marchar este curso a Inglaterra, a Londres, onde xa está o seu irmán Adrián. Agardamos que aprenda moito inglés... e moitas máis cousas.

Como o trasno xa o sabía (cousas da maxia dos trasnos), escoitamos as campaíñas, atopamos o saco e... Había uns agasallos para Alessia. Un "minion" para colgar da maleta e un libro asinado. Ademais os pequenos adicáronlle un baile.

Que o pases ben.  We see you soon!


2019/10/16

Un luxo: Esperanza Mara e as cantigas de amigo no Salón

Hoxe tivemos a gran sorte de contar coa soprano Esperanza Mara. Toda unha autoridade na música antiga e unha intérprete excepcional.

Realmente non estivo fisicamente no noso Salón, pero as tecnoloxías fan marabillas e estivemos en directo con ela por FaceTime. Ela desde as Illas Madeira e nós en Présaras.

Ensinounos o pergamiño Vindel onde estaba unha das cantigas de amigo de Martín Códax, mostrounos a "fídula", esa especie de violín medieval que podemos ver no Pórtico da gloria de Santiago, e acompañada por ela interpretounos a Martín Códax.

Grazas, Esperanza!

Agora xa sabemos como soaban as cantigas na época medieval!


Como somos ben previsores, tiñamos no peto un vídeo de reserva. As tecnoloxías non sempre funcionan á perfección e como dixo Murphy: "Se algo pode fallar, fallará".... aínda que por esta vez non acertou.



2019/10/08

A contacontos Electra e a súa pita taan especial pasaron unha hora ben pasada connosco, non só a descontare mesturar historias, senon tamen "amasando" ovos de plastilina caseira.


2019/10/04

Primeira lectura do curso

Hoxe, na "Hora de lectura, Hora de cultura", Iria e Antía, de sexto, realizaron a primeira lectura desde o Recanto dos contos. "Adiviña canto te quero en Outono", de Sam McBratney coa lebre grande e a lebre pequena. Foi un conto musicado, usando as cortinas musicais o tubo sonoro e a caixa.
Despois falamos do conto e a música.



Naturalmente, recibiron un forte aplauso.

2019/10/02

Pedro cumpre 5 anos

Felicidades, Pedro.
Vaia tarta-dragón que preparastes na casa!




E que rica estaba!

Mércores poéticos: Cantigas medievais

Os maiores prepararon e recitaron unhas cantigas medievais, dúas de amigo e unha de escarnio e maldizer.
Eran de Martín Códax, de Joao García de Guilhade e do Rei D. Dinís de Portugal.

Así empezamos este ano cos nosos Mércores poéticos no Salón.




2019/09/29

Uxía Lambona e a Banda Molona no Salón

Este venres 27 de setembro tivemos a sorte de gozar da actuación de Uxía Lambona e a Banda Molona no noso Salón.

Pasámolo ben, moi ben, máis que ben, cantando e bailando.

Aquí tedes uns fragmentos da actuación.


2019/09/26

Facendo as maracas

E aquí andamos, facendo oito maracas para a "Cova Máxica" (a aula multisensorial) cada unha cun son diferente. Así os pequenos aprenden a distinguir sons e tamén a crear ritmos.
A nosa impresora 3D non para!




2019/09/20

Felicidades Andrés!

Hoxe celebramos o "cumple" de andrés Aller.

Vaia tarta caseira cun coche de Policia feita na casa!

E que ben sabía. Tan ben que moitos repetiron.

Mirade que pintaza:


E todos admiraron a tarta.



(E agora a baixar os niveis de glucosa en sangue facendo máis exercicio, claro)

2019/09/03

Estreando curso no Ceip de Présaras

E como non, da mellor maneira: apañando xa os magníficos manxares da  nosa horta e... tomando o café entremedias para repoñer forzas. Benvidos a un novo e como sempre intenso curso!!

2019/06/13

Aló imos!

Luces,cámara... accióóón! Que marchamos de excursión!!



Teatro á feira



A través de personaxes como Pepa a Loba, o retrateiro, a vendedora de tarabelas ou o cego... a compañía teatral A Cova das Letras, mostrounos coa peza "Teatro á feira" o ambiente dunha tradicional feira na Galicia anterga. Desfrutamos tanto da obra de teatro como da posterior conversa e compartilla cos dous actores, Cristina e Anxo. Grazas pola visita!

2019/06/06

Os Minchiñas tamén tocan!


Minchiñas Music presenta... a Banda Sonora do verde e o vermello.


Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, os nenos e nenas de primaria do Ceip de Présaras acudiron ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela) ao espectáculo "16mm", unha brillante mostra de cine e música en directo a cargo de Paulo Pascual e Macarena Montesinos. Estes dous artistas conseguiron integrarnos no máxico mundo de Santiago de Chomón, cineasta español de inicios do séc.XX, a través do son do violoncello, a guitarra eléctrica e o theremin ( instrumento moi pouco habitual nos escenarios de hoxe en día, pero moi interesante de ver e escoitar). Ao mesmo tempo, os Minchiñas decidiron ir á caza de ghozofellos polas salas  do Museo do Pobo Galego..e crede a este trasno cando di que algún por alí sí que se veu.
Pero non todo foi estar "pechados", pois a excursión rematou cunha pequena ruta polo Monte Pedroso, onde poidemos observar os nenúfares das lagoas que xa están en flor e degustar un picnic ben saboroso preparado coma sempre pola nosa cociñeira Carmen.

2019/06/04

Unha visita musical diferente


 Abraham Cupeiro levounos nunha viaxe musical diferente e moi especial,ao longo da historia e do mundo, a través de instrumentos pouco coñecidos, en recuperación ou que el mesmo construiu en base a imaxes e libros antigos, como o Cárnyx.

Os sons esquecidos

Haikus da Natureza

Os Haikus son pequenos poemas da tradición Xaponesa , inspirados na súa maioría, en temas relacionados coa natureza. Aquí unha mostra de Haikus inspirados en tres bechiños como son a bolboreta, o lucecús e o cabaliño do demo.

2019/05/08

Cumpleanos de Hugo

Hugo estivo de aniversario e convidounos a unha riquííísima tarta de améndoa. Parabéns Hugo!



Letras Galegas 2019


 
O 17 de Maio celebramos o día grande adicado ás nosas letras. Este ano o homenaxeado é Antonio Fraguas Fraguas. No noso cole xa comezamos a facer actividades relacionadas co escritor. Aquí vai unha pequena mostra.

2019/04/09

Felices 6 anos, Moisses!

Hoxe cumpre 6 anos Moisses.
Case acaba de chegar ao cole e xa temos festa con el.
Unha tarta moi rica acompañado de todo o colexio.
Felicidades!

Candela lendo Pocahontas

Candela deleitounos cunha lectura de Pocahontas. Era unha lectura moi difícil para unha nena de primeiro pero ela a tiña ben preparada.
Despois realizamos unhas actividades e entre elas vimos que complicadas eran as palabras dos indios Powathan que vivían na bahía de Chesapeake.

Dobraxes de película

Que interesante é o traballo dos dobradores e dobradoras do cine. Pero que complicado pode ser.
Nós probamos cunha escena do Rei León entre Simba e Mufasa e, por parellas, inventamos un diálogo entre os dous personaxes e o representamos.
Pois... éche complicado facelo cadrar, pero fixémolo.
O diálogo máis valorado foi o que realizaron Lucía e Noa e elas terán o honor de pasalo tamén ao vídeo.


2019/04/05

8 anos de Alessia

Hoxe celebramos os 8 anos da nosa Alessia.
Unha riquísima tarta de Ladybug e Catnoir degustada por todos os compañeiros.
Feliz Cumpre, Alessia!




A 3D non para! Para o salto de lonxitude de Ángel.

Hoxe tocoulle a Ángel deseñar e imprimir na 3D a súa marca de talonamento para as probas de atletismo.
E casualmente tamén había carne onde pinchala. A ver quen vai ser o seguinte.

Momentos musicais da nosa escola



Présaras Music presenta.... aos Macaquiñ@s de 1º e 2º en plena acción musical co seu último Hit “Fray Perico” .🎶🎶🎶🎶🎶🎶

2019/03/29

Esta é miña!

Estreamos a nova "marca de talonamento" de Iria.
É un traballo feito en Tinkercad por ela mesma para a súa proba de salto de lonxitude nos provinciais de atletismo.
Como cando saíu da impresora 3D estabamos comendo, marcamos con ela a carne de Iria e dixemos "Esta carne é miña!".
Creo que agora cada saltador vai pedir a súa. Así que xa os vexo preparando as súas marcas en Tinkercad, laminándoas no cura e imprimíndoas na nosa flamante Witbox-2.


2019/03/27

11 anos de Xabi

Feliz Cumpreanos, Xabi!

Hoxe celebramos os 11 anos de Xabi.

Felicidades!





2019/03/24

Inaguramos a Primavera

Coa primavera chega o tempo das plantacións na nosa horta e desta, ahí van unhas leitugas ben fermosas plantadas polos nosos Macaquiñ@s.


2019/03/12

Entroido no CEIP de Présaras.

Aquí vai o Fulión e a fariñada. Que ben o pasamos!

2019/03/11

"Mestre Mateo" en Présaras

Con isto de que andamos aprendendo de cine, hoxe tivemos o luxo de poder departir con Andrés Goteira e Suso López, Director e Produtor respectivamente da película "Dhogs". Esta película foi premiada nada máis e nada menos que con trece premios Mestre Mateo no ano 2018, ademais de obter moitos máis premios e mencións por toda España e resto do estranxeiro.

Falaron do traballo do cine e nós fixemos preguntas interesantes.

Foi unha charla moi agradable e quedamos encantados. Aprendemos moitos secretos do cine.

E... Canto traballo, canto tempo e canto custa facer unha película!

Nós agasallámolos cos nosos "nenos lectores" e de remate, posamos todos coa "estatuilla" do Mestre Mateo "Á mellor longametraxe".

A ver cantos poden dicir o mesmo!




Grazas Andrés e Suso!

2019/03/06

Campionato Provincial de Centros Educativos "Campo a Través"




O Venres 22 de Febreiro, algúns quedaron na escola preparando a semana de Antroido, outros fomos de carreiras 🏃‍♀️🏃‍♂️

2019/02/26

Obradoiro - Charla sobre o Bullying


Unha pequena mostra deste obradoiro; a importancia do saber ser, respetar e valorar aos compañeir@s e a un mesmo.










Mentres uns preparamos o Antroido....



 O venres 22 de febreiro, parte dos rapaces da escola ían a Noia á final provincial escolar de Campo a través. O resto, estivemos facendo actividades relacionadas co Antroido: decoración do colexio con máscaras e antifaces, pancartas para o fulión deste venres que vén, taller de instrumentos reciclados…


2019/02/18

Un volcán en 3D no laboratorio

Uxía tivo unha idea. Iria e Cristian puxéronse mans no teclado e rato en Tinkercad. Despois o laminado no "cura" e 5 horas de impresión 3D na Witbox da Biblioteca.



Fomos todos ao Laboratorio onde os maiores tiñan preparada a maqueta co volcán e 3 cámaras apuntando.

Bicarbonato, colorante que trouxo Yago e acido acético (vamos, vinagre de toda a vida) e a lava saíndo do volcán.

 

2019/02/06

Avanzando co Stop Motion

Os nosos maiores teñen un prazo para levar adiante os seus proxectos de Stop Motion. Hai que preparar o guión, os decorados, os encadres. De feito, todos empezaron realizando o seu "Story board".

Xa podemos ir vendo algún traballiño e como hai que realizar traballo "maker" para preparar as escenas.

Seguro que queda moi ben.