Coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, os nenos e nenas de primaria do Ceip de Présaras acudiron ao CGAC (Centro Galego de Arte Contemporáneo, en Santiago de Compostela) ao espectáculo "16mm", unha brillante mostra de cine e música en directo a cargo de Paulo Pascual e Macarena Montesinos. Estes dous artistas conseguiron integrarnos no máxico mundo de Santiago de Chomón, cineasta español de inicios do séc.XX, a través do son do violoncello, a guitarra eléctrica e o theremin ( instrumento moi pouco habitual nos escenarios de hoxe en día, pero moi interesante de ver e escoitar). Ao mesmo tempo, os Minchiñas decidiron ir á caza de ghozofellos polas salas do Museo do Pobo Galego..e crede a este trasno cando di que algún por alí sí que se veu.
Pero non todo foi estar "pechados", pois a excursión rematou cunha pequena ruta polo Monte Pedroso, onde poidemos observar os nenúfares das lagoas que xa están en flor e degustar un picnic ben saboroso preparado coma sempre pola nosa cociñeira Carmen.
Ningún comentario:
Publicar un comentario