2018/02/01

Xogo cun Diagrama Cartesiano e Actividades contra a violencia

No noso colexio sabemos de primeira man que aprender non debe nin pode ser aburrido. Como mostra temos a actividade que na actualidade estamos desenvolvendo no noso salón. Un xogo, antigo xa, que está feito en base a un diagrama cartesiano, que é un instrumento que serve para representar todos os posibles resultados dun fenómeno aleatorio con dúas variables. A definición é un pouco densa máis aos nenos e nenas de Présaras, grazas ao xogo, xa non nos mete medo ningún. Nel, cada equipo ten un portaavións, dous acoirazados, tres fragatas e catro submarinos. O portaavións ocupa catro puntos dentro do diagrama, os acoirazados tres, cada fragata dous e os submarinos un cada un. A misión dos equipos é elixir ao chou puntos no diagrama dos rivais ata conseguir afundir a flota dos adversarios.  É moi divertido e didáctico á vez!
















































































































































Co gallo do Día da Paz desenvolvéronse unha serie de actividades fomentando a non violencia nas nosas vidas. Analizamos certas actitudes e abundamos nos tres tipos de violencia que, por desgraza, están moi presentes na nosa sociedade. Así, debatemos sobre a violencia física, a psicolóxica e a verbal, e confesamos aquelas ocasións nas que nos equivocamos e tiramos destas actitudes nocivas para resolver os conflitos. Así, chegamos todos e todas á conclusión de que a violencia só xera máis violencia. No Ceip de Présaras cremos na paz, na convivencia harmónica e no diálogo como única ferramenta útil para a resolución dos conflitos.     


Ningún comentario:

Publicar un comentario