E como as Minchiñas nos presentaron as súas "tarefiñas" para o Nadal, os maiores non quixeron ser menos e deleitáronnos coa lectura de tres contos relacionados con tres amigos que eles mesmos construíron con materiais de refugallo. Uxía e Iria léronnos Unha historia robotástica. As dúas Lucías relatáronnos A viaxe espacial de Laica e Adrián e Cristian contáronnos a historia do Robot Tintín. Despois das lecturas incluso houbo tempo para que os nenos e nenas maiores do colexio nos ensinaran o seu baile. Un traballo fenomenal!
Ningún comentario:
Publicar un comentario