Soa música no salón. Os nenos e nenas do colexio de Présaras fixemos
unha actividade musical coa axuda dos nosos escornabots. A actividade
consistiu en facer tres grupos onde cada un deles manexaba o escornabot
sobre un taboleiro. O robot cumpría as ordes que lle dabamos o que lles
proporcionaba a información necesaria aos encargados de transformar as
ordes en notas e figuras musicais para ilas poñendo no pentagrama que
cada grupo tiña. Cando o pentagrama se rematou, os maiores do colexio
tocáronnos as melodías nos instrumentos de placas e puidemos gozar dun
pequeno concerto marabilloso. Foi unha actividade divertida na que
grazas aos escornabots descubrimos as melodías agachadas para logo
interpretalas. Que viva a música e os nenos e nenas do noso colexio!
Ningún comentario:
Publicar un comentario