Aquí vos deixamos unha serie de fotos que reflicten os últimos traballos feitos no salón. Como vedes, nel colle de todo. Desde a gravación da nosa canción de Samaín como actividades derivadas de lecturas interpretadas polos nenos e nenas do colexio. Nesta ocasión, a mestra Ana leunos o conto titulado "Sito Kesito y su robot gigantesco". Unha aventura destes dous personaxes que se tiveron que enfrontar aos mosquitos mutantes de Mercurio. Unha historia fantástica e moi divertida. Logo, Xabier, Ainara e Iria fascináronnos coa historia de "Norton y Alfa". Norton coleccionaba todo tipo de chatarra, que para outros non terían valor algún, pero que el sabía empregar para construír novos robots.
Brais e Ángel relatáronnos as peripecias de "La familia Numerozzi" e o seu tren "a culebrética" que empregaban para ir á escola. Hai que darlle logo as grazas a Ana, por suposto, e especialmente a Xabier, Ainara, Iria, Brais e Ángel, que co seu bo facer transportáronnos a mundos fantásticos e presentáronnos a personaxes marabillosos cos que vivimos numerosas aventuras. Grazas, amigos e amigas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario