2017/02/21

MASTERCHEF PRÉSARAS!!

Hoxe collemos o mandil (aproveitando o segundo mandato da semana do meco) e puxémonos a traballar «entre fogóns». Os de 1° e 2° coa axuda das minchiñas e da nosa cociñeira Teresa preparamos un doce típico do entroido para o postre, «as chulas con leite». Pero o traballo comezou ben cedo, dende escribila receta nun recetario, pasando polo gorro de chef que decidimos crear, normas de hixiene (limpeza de mans, de material, contaminación cruzada, etc.), hata a posta a punto previa "mise en place", sin esquecer a limpeza dos cacharros. Agora xa sabemos o traballo que leva Teresa tódolos días para ternos a comida preparada. Foi unha bonita experiencia!

Ningún comentario:

Publicar un comentario