2011/10/28

As nosas galletas de cabaza

A nosa receita de galletas de cabaza
(Extraída do libro de Postres de Eva Arguiñano)

Ingredientes:
4 culleradas de mantequilla (ou margarina)
10 culleradas de azucre
10 culleradas de fariña
3 ovos (ou ¼ de ducia)
½ vaso de pure de cabaza
100 gr de pastas remolladas en licor.

Antes de nada coce unha boa tallada de cabaza nun pouco de auga e cun chisco de sal.
Despois tritúrao.
Prequenta o forno a 180ºC.
Colles a mantequilla e a bates coa batidora de variñas ata que quede a punto de pomada. Segues remexendo e engades o azucre e os ovos. Segues remexendo e vas botando a fariña pouco a pouco. De seguido incorporas o puré de cabaza.
Na placa do forno, cuberta co papel especial para forno, vas botando porcións da mezcla e por riba delas vas poñéndolles as pasas.
Forneas durante uns 10-12 minutos a 180ºC.
Deixas enfriar ben e, ou as serves e dades conta delas ou as gardas nunha latiña para ir tomando durante a semana acompañadas dun cacao quentiño.

Que aproveite

Ningún comentario:

Publicar un comentario