2024/06/26

EXCURSIÓN A GANDARÍO - XUÑO 2024

Bos días!! 😃😃

Hoxe compartimos con vós un vídeo resumo do que foi a nosa excursión de fin de curso deste ano a Gandarío, con previa parada en Urban Planet en Oleiros e xantar en Sada antes de chegar ao destino final. 

Para que vexades o ben que o pasamos, a ver se vos gusta o seguinte vídeo que non ten nada de desperdicio ata o final... 😂

2024/06/22

FELIZ SAN XOÁN

Ola, ola. Falta pouco para que chegue a noite de  San Xoán e aquí vos deixamos o enlace ao vídeo que vimos no Salón coas herbas de San Xoán:  https://www.youtube.com/watch?v=0GKX_RNUfJU

Lembrade que ademais das herbas  tedes que coller auga de 7 fontes, no mapa están marcadas algunhas que hai no concello de Vilasantar  e no seguinte  enlace tedes os audios cos datos de cada fonte:

https://drive.google.com/drive/folders/19XUmFNP3lufpave3RoACGMarTlflLIJH?usp=drive_link



Pasade unha boa noite de San Xoán e desfrutade  moito  da noite máis longa do ano!!!

2024/06/21

ÚLTIMO DIA DO CURSO 2023-2024

Ola a tod@s!

Chegou o final do curso 2023-2024 e desta volta fixemos a despedida ao grande cunha divertidísima festa da espuma. Entre tanta espuma, a ver se nos recoñecedes no seguinte vídeo...😂😂😂

2024/06/10

MILLA

Hello!😊😊
Aquí por Présaras continuamos apostando polos hábitos saudables e aproveitando o bo tempo fai uns días saímos a facer a milla despois de xantar. Anacos camiñando, anacos correndo... cada un fixo o que puido! 😂😂😂
Aquí tedes a proba...

2024/06/09

MAIOS E LETRAS GALEGAS 2024

Moi bos días! 😊

Aquí vos deixamos un vídeo de recordo do día que celebramos no cole os Maios e as Letras Galegas deste ano adicadas a Luísa Villalta.

Cociñamos, recitamos, fixemos hoteis para bechos, montamos o maio, xogamos... en resumo, fixemos moitas cousas e pasámolo moi ben! 

2024/06/07

ÚLTIMAS HORAS EN GANDARÍO

Poñendo fin á nosa excursión deste curso, aquí un par de fotiños dos últimos minutos en Gandarío antes de retornar a Présaras...☺



2024/06/06

SAÚDOS DENDE GANDARÍO

Boas, familias! 🤗
Por Gandarío estamos fenomenal, pero como non paramos en todo o día agora algúns aguantan máis que outros... 😂