2018/04/27

A nova aula das Minchiñas

Como as Minchiñas tamén querían ter o seu vídeo, fixemos un coa nova aula, despois de que nola pintase o Concello e colocásemos os Recunchos moi monos.


2018/04/23

Celebramos o día do Libro

No Salón do CEIP de Présaras celebramos o día do Libro con este vídeo.

Agardamos que vos guste. 




Paraboloides Hiperbólicos

Da man do mestre Javier descubrimos o mundo dos Paraboloides Hiperbólicos. Son unhas superficies dobremente regradas polo que se poden construír a partir de rectas. É unha das máis utilizadas en obras de Antonio Gaudí ou de Félix Candela. Son realmente impresionantes!


2018/04/13

Recitado de Rosalía de Castro


Tedes aquí o recitado que fixemos previamente nós soíños no cuarto de gravación audiovisual.


Os nosos atletas nas clasificatorias de Atletismo de Bastiagueiro

Os nosos atletas da categoría alevín participaron nas probas clasificatorias de XOGADE que se celebraron nas instalacións do INEF de Bastiagueiro o sábado 7 de abril.
Temos dous atletas en postos de clasificación para o provincial, pero haberá que seguirse esforzando para a seguinte xornada.
De todas maneiras, FELICIDADES A TODOS E TODAS!