2015/10/19

Historias da fábrica, contadas por Carmen e Milagros

Moi agradecidos coa visita de Carmen e Milagros.
Son dúas veciñas nosas de aquí de Présaras que traballaron na antiga fábrica de tecidos de Présaras.


Elas naceron nos tempos da guerra (Carmen un pouco antes) e viviron toda a posguerra. Eran tempos moi dificiles. A fábrica traballaba durante as 24 horas, a turnos, fabricando lenzo para sábanas, para teas de vestidos, para vendas. Había máis de 300 empregados.
Contáronnos como se fabricaban os lenzos de tea e tamén o mal que se pasaba naqueles tempos. Faláronnos da cartilla de racionamento e do extraperlo.
Fixémoslles moitas preguntas e pasamos unha tarde moi agradable.

2015/10/13

Excursión ao Marco das Pías

Vídeo da excursión que realizamos o 9 de outubro de 2015 ao centro hípico do Marco das Pías e ao Campamento romano de A Ciadella.


2015/10/07

Galicia, de Manuel María

Poema recitado por Nuria Merelas Espiñeira.

Así empezamos a celebrar o ano que estará adicado a Manuel María. Nós témoslle un especial cariño, xa que estivo connosco no noso Salón. Foi daquela cando lle recitamos os seus propios poemas e el adicounos o seu libro "Os soños na gaiola".

2015/06/15

Happy

Gravación da preparación do flashmob sobre o tema Happy de Pharrel Williams que presentamos na Festa das familias de fin de curso en xuño de 2015.

Vídeo Happy

Anuncios para unha vida máis feliz

Estes vídeos que vedes abaixo son anuncios realizados polo curso dos maiores do colexio como parte das súas actividades de clase.
A dirección correu a cargo da súa mestra de Audición e Linguaxe Thais Amenedo Rodeiro como parte das actividades de lingua enmarcadas no tema "... E foron felices", que desenvolvemos en todo o colexio durante este fin de curso.

Queremos mostrar o noso público agradecemento aos profesionais do Centro de Saúde de Présaras e ao Supermercado "Único" de Présaras pola súa colaboración permitíndonos usar os seus espazos.

Xaberín: o xarope para ser feliz


Con "Mazá Feliz", vivirás como unha perdiz


2015/06/10

Mago Goma

Os nenos de Primeiro e máis Elisa de Infantil gravaron este vídeo do Mago Goma, recitando un conto de Toño Núñez. Lede o libro e mirade as ilustracións.


2015/05/20

Celebramos os maios e as Letras Galegas

Como en anos anteriores subimos ao "Prado de Lucas" para celebrar os maios e o día das Letras Galegas, homenaxeando a Filgueira Valverde.

Estivemos acompañados das nosas familias e, ademais de coñecer a vida e textos de Filgueira Valverde, houbo xantar, bailes e xogos.

Pasádeo ben co vídeo.

 

2015/05/07

Fotoconto: A viaxe dos nenos e nenas de Présaras

Actividade realizada no salón de Présaras patrocinada polo Concello de Vilasantar, onde os rapaces, dirixidos por Eduvía, crearon este fotoconto. Disfrutade.

Amor a distancia

Pequeno traballo creado polos alumnos de 4º, 5º e 6º coa súa mestra de AL, Thais.

2015/03/24

Imaxina animais

Actividade realizada polos nosos nenos e nenas a partir do libro homónimo de Xosé Ballesteros e Juan Vidaurre dentro do tema "Concanimais"

2015/02/24

Día de Rosalía

Hoxe celebramos o Día de Rosalía. Rosalía de Castro naceu tal día como hoxe en 1837. Lembrámola no Salón con algúns poemas e cancións.
Como este poema de "Adios ríos, adios fontes", cantado por Amancio Prada.

2015/02/21

Sacapenas

Despois da visita dos contacontos Patricia e Álex decidimos facer nos tamén os nosos Sacapenas. Coñecímolos polo libro de Anthony Browne. Eses bonequiños, tradicionais de Guatemala e que alí chaman "Quitapenas", axúdannos a sacar as penas. Contámosllas, quedan con elas, e nós quedamos tranquilos e felices.




2015/02/18

Festa de Entroido no CEIP de Présaras

Venres 13 de febreiro de 2015. A nosa Festa de Entroido.
Aproveitamos o tema "Concanimais" e así houbo xirafas, paxaros, peixes dentro de acuarios, rás, xoaniñas e abellas.
Non saímos de Comparsa porque chovía, pero dentro do colexio houbo festa rachada con presentación dos disfraces, bailes, doces de Entroido riquísimos que trouxeron os nenos e rematamos cun gran xogo.


Disfruten.

2015/02/08

O raposo e a galiña

Ou "A galiña e o raposo", que ven sendo o mesmo.
Fábula escrita e lida no noso Salón por Álex, como unha das actividades para o noso libriño do tema "Concanimais".
(CONtos e CANtos de anIMAIS)




2015/02/06

Sígueme

A nosa directora, Ana, leunos o conto "Sígueme".



Unha relación entre un elefante e unha formiga?.
Por que non?

2015/01/27

O coelliño branco

Iria deleitounos coa lectura de "O coelliño branco", mentres víamos proxectadas as imaxes do conto.
 
 
Agardamos que vos guste.

Amores de gato e rato

Uxía conta no Salón "Amores de gato e rato".


Vaia memoria de contacontos!

2015/01/26

O frautista de Hamelin

O frautista de Hamelin, conto lido por Lucía no Salón,  acompañada pola interpretación de Adrián, como frautista, e Carlos, como alcalde de Hamelin.


Agardamos que vos gustase o conto.
Podedes comentalo.

2015/01/24

O soño de Matías

Adrián leunos no salón " O soño de Matías", conto escrito por Leo Lionni.


Agardamos que disfrutásedes deste conto.